Proxecto de divulgación científica

CAMIÑOS DE FUTURO

 

Resumo

Dentro dun marco social no que se recoñece como fundamental o estímulo do interese nas disciplinas STEM, o proxecto camiños de futuro ten como obxectivo familiarizar aos estudantes de educación secundaria co mundo da enxeñaría civil. Búscase destacar o papel básico que a enxeñaría e a ciencia aplicada cumpre no desenvolvemento dunha sociedade civilizada, tamén familiarizar aos alumnos con conceptos científicos e tecnolóxicos da enxeñaría civil adecuados ao seu nivel de formación e de aplicación inmediata.

Público obxectivo

Estudantes de secundaria vinculados a materias científico técnicas. A materia que se considera máis axeita serían as de Cultura científica e Tecnoloxía, aínda que se poden articular accións en torno a outras disciplinas como debuxo técnico, matemáticas, física, xeografía, etc.

Talleres

Esto materialízase mediante os Talleres Enxeñaría Civil e Sociedade: talleres presenciais impartidos en centros de secundaria sobre transporte seguro e sostible, auga como recurso escaso e fallos estruturais. Esta actividade busca é que os estudantes analicen o seu entorno desde unha perspectiva científico-técnica. Que apliquen a experimentación e a análise crítica para chegar a conclusións críticas co seu entorno.

Os talleres terían unha duración de 4-8 horas docentes. Estos talleres van a estar preparados por estudantes universitarios e supervisados polos profesores especialistas en cada unha das áreas técnicas. Os estudantes de secundaria afrontarán as problemáticas propostas e usando a metodoloxía científica chegarán a solucións e propostas realistas sobre o seu entorno.

Fase inicial

Durante o primeiro trimestre do curso 2018/2019 poñeranse en funcionamento os talleres sobre enxeñaría civil destinados a estudantes de secundaria. Pedirase a participación de un número limitado de institutos que servirán para axustar as didácticas destes experimentos. Contarase coa participación activa de estudantes universitarios que serán os encargados de supervisar a realización dos proxectos.

Un dos obxectivos desta primeira fase será xerar materiais audiovisuais de xeito autónomo. No segundo trimestre estes talleres abriranse a mais institutos de secundaria de Galicia. O resultado final será unha colección de experimentos relacionados coa enxeñaría civil que se poidan facer por estudantes de secundaria.

Financiación

Este proxecto está liderado pola Fundación da Enxeñaría Civil de Galicia e co-financiado pola FECYT (Fundación española para a ciencia e a tecnoloxía).

 


Resumen de talleres y actividades

Formato docx                Formato pdf

Comentarios cerrados.